Apertura da Piscina Municipal de Vilar de Santos (Verán 2025)
A Piscina Municipal de Vilar de Santos abrirá as súas portas ao público do 1 de xullo ao 7 de setembro de 2025. O 1 de xullo haberá unha xornada de portas abertas con entrada gratuíta.
Horarios:
- Luns a venres: 15:30 h a 20:30 h
- Fins de semana e festivos: 16:00 h a 20:30 h
Prezos:
- Entrada diaria: 1,50 €
- Bono mensual: 20 €
- Bono de tempada: 30 €
Os residentes empadroados no Concello de Vilar de Santos gozarán dun desconto do 50% nos bonos mensuais e de tempada.
Os bonos pódense adquirir no Centro Social, onde tamén se pode obter máis información.
Fonte: www.vilardesantos.gal