A partir de mañá, 20 de novembro, ábrese o prazo de preinscrición para o Concilia de Nadal 2025/2026 en Vilar de Santos.
A solicitude estará dispoñible telemáticamente na sede electrónica do concello, en «Trámites Destacados», ou poderá descargarse e presentarse presencialmente no rexistro municipal.
O prazo de preinscrición finaliza o 3 de decembro. As bases do Concilia están publicadas no taboleiro de anuncios da sede electrónica. Para dúbidas, chamar ao 988 46 58 83.
Non se admitirán preinscricións fóra do rexistro do concello.
Fonte: www.vilardesantos.gal
