Misterio resolto, a segunda vida do guerrilleiro Juan Sorga, (1921(Cortegada-Sarreaus)-2009 (París-Francia).

Blogs

As últimas noticias de Juan Sorga, son da súa fuxida na que trataban de chegar a Francia polos Pirineos. Do que sucedeu no tren no que a policía lles pide a identificación, esto é o que di o atestado: .

A partir deste momento todo foron especulacións, que si chegou a Francia, que si se matou ao tirarse do tren, que o Partido Comunista fixo indagacións co Partido Comunista francés e non atoparon nada, etc. etc. O silencio absoluto, nin a muller e os fillos, nin no resto da familia ou amigos, nunca máis souberon del.
Fai uns días recibín un correo no que Martín Huguet, que se presentaba como neto, . Interesábase pola estancia dos guerrilleiros en o Vago (Melgac,o) Portugal. E interesado tamén en conseguir o meu libro “Historia e Memoria. A Limia 1931-1953”.
Tivemos unha primeira entrevista na que me comentou o que sabía da historia do seu avó e outra na que me filmou outra entrevista para un documental que está a preparar.

Manuel Iglesias Méndez (Juan Sorga) no laboratorio
A miña sorpresa foi cando me contou que o seu avó, logo do episodio do tren, ocultouse debaixo dun vagón e foi colgado del durante tres horas ata Zaragoza. Sorprendentemente non continuou a Francia, se non que volveu a Madrid, onde tiña amigos e debía funcionar clandestinamente unha cadea de apoio aos republicanos fuxidos. Alí con axuda dunha cartilla do seguro obreiro, a nome de Manuel Iglesias Méndez[3], cambia de identidade e a partir dese momento Juan Sorga pasa a ser Manuel Iglesias Méndez, con esta identidade comeza a traballar nun laboratorio, ao parecer o director era de ideas republicanas. Nese mesmo laboratorio traballaba unha guapa viúva chamada Francisca Muñoz Muñiz, coa que pouco despois comeza unha relación amorosa.

Francisca Muñoz Muñiz a secretaria do laboratorio.
Fai unha vida normal, ata realiza un par de viaxes a Alicante, o neto non sabe os motivos, pero eu creo que posiblemente foran de vacacións. Segue residindo en Madrid e alá polo ano 1958/1959, despois da visita do presidente americano, e seguramente perdida a fe na posibilidade de que as democracias occidentais acabaran con réxime de Franco, trasladase a París (Francia), e posteriormente o segue Francisca, alí contraen matrimonio Manuel Iglesias Méndez e Francisca Muñoz Muñiz. Manuel traballa como fontaneiro na construción, e teñen familia, unha filla e un fillo.
Posteriormente, parece incrible e temerario, mercan sobre o ano 1979, un apartamento en Oliva (Valencia), onde veñen a desfrutar as vacacións de verán moitos anos. Manuel (Juan Sorga) falece en Paris o ano 2009 e Francisca en 2023.
Parece ser que sempre lles oculto a nova familia a súa vida pasada, inda que da pouca que lles facilitou era a de que nacera en Verín. Cando o pasamento da avoa, coa data de nacemento dos documentos franceses, o neto Martín viaxa a Verín a comprobar no Rexistro Civil a partida de nacemento do avó, e non atopa nada. Entón publica un anuncio nun xornal, creo que o dixital Diario do Támega, pedindo axuda para atopar información, alguén o viu e se puxeron en contacto e a partir de aí soubo da verdadeira historia do seu avó, e a existencia dunha fillado primeiro matrimonio, do que enviuvou e da segunda muller coa que tivera un fillo.

O neto francés está recollendo información e filmando lugares e entrevistas con numerosas persoas, coñecedoras do tema de guerrilla, quere facer un documental sobre a vida do seu avó que espera proxectar na nosa terra.

Manuel Iglesias Méndez (Juan Sorga) e a súa dona Francisca Muñoz Muñiz na voda da súa filla posiblemente nos anos 90.
1 O guerrilleiro, Manuel Rodríguez, foi xulgado en Madrid e condenado a pena de morte, executada en dita cidade ás cinco da mañá do día 3 de setembro de 1951 polo método do “garrote vil”. O amigo de Xoán Sorga, que os acolleu na casa, Agustin Gualberto, foi condenado a tres anos de cadea  menor.
2 AMIRMN. Causa militar nº 201/50, da 1ª Rexión militar. Madrid.
[3] Unha posible teoría é que fora a cartilla dalgún desaparecido ou paseado durante a guerra, que aproveitaron para a nova identidade de Sorga.
Para saber máis sobre a guerrilla e Joan Sorga, no meu libro Historia e memoria. A LIMIA 1931-1953, onde fun o primeiro investigador que sacou a luz a historia da guerrilla antifranquista na Limia, ou podes visitar o meu blog nos seguintes enlaces:

Os maquis na Limia (1948): os sucesos de Pazos de Codosedo (Sarreaus).
[embedded content]

O maquis na Limia. Pazos de Codosedo 2ª parte: a versión da Garda Civil
[embedded content]

A morte do guerrilleiro Perfecto Dios en Chaherrero (Ávila) e nova fuga de Xoán Sorga
[embedded content]

.

Fonte: historiadexinzo.wordpress.com

VER NOTICIA COMPLETA