FOTOGALERÍA | Stihl e Castor chegan a Verín con venda profesional e servizo técnico para tódalas marcas
A experiencia e a solvencia de Talleres Castor chegan a Verín. Tras consolidarse como un referente indiscutible do sector forestal e de xardinaría na Gudiña, a empresa vén de inaugurar as súas novas instalacións na vila do Támega, achegando aos veciños e profesionais da comarca a calidade da marca líder mundial: Stihl.
Este desembarco supón moito máis que un novo punto de venda. Talleres Castor aterra en Verín co seu valor máis diferencial: un Servizo Técnico Oficial integral. Aínda que son a casa oficial de Stihl, o seu taller conta coa capacidade, a maquinaria e o equipo humano para realizar mantementos e reparacións de tódalas marcas do mercado.
Nas imaxes que acompañan esta información pódese ver a amplitude e a modernidade do novo local, deseñado para ofrecer unha atención rápida e profesional. Xa sexa para adquirir a última tecnoloxía en maquinaria ou para poñer a punto os equipos actuais sen importar o seu fabricante, Verín conta dende agora coa garantía de Castor.
Licitan el nuevo proyecto constructivo de la N-120 en Ponteareas
La única gran explotación láctea de Ourense aborda su ampliación
Pablo Fernández, de Patatas Fritas Jaly’s: «Replicamos la patata de la abuela»
La FP se reivindica en Culleredo con los premios InnovaTech, con 20 soluciones reales para la industria
La red de fibra 5G de R llega ya a 224 municipios gallegos y da cobertura al 90 % de la población