
Xinzo acolle a X Xornada técnica de reciclaxe do Comité Galego de Adestradores

FOTOGALERÍA | Horas de esforzo e pedaladas sen descanso na proba BTT Resistencia Deputación de Ourense
A BTT Resistencia, organizada pola Concellería de Deportes coa colaboración da Deputación de Ourense, reuniu esta fin de semana a centos de afeccionados á bicicleta de montaña nun evento que combinou deporte, natureza e bo ambiente.
Chegados de distintos puntos da nosa provincia e mesmo da veciña Pontevedra, os participantes percorreron un esixente circuíto polos arredores da vila, que puxo a proba a súa resistencia física ao longo de varias horas.
A xornada decorreu nun ambiente extraordinario, onde destacou non só o nivel deportivo, senón tamén o espírito de colaboración e proximidade. De feito, ao rematar a proba, os propios técnicos da organización e a concelleira de Deportes, Cristina Campero, encargáronse de preparar un churrasco popular co que todos os corredores puideron repoñer forzas e compartir impresións da carreira.
Un evento que demostra, unha vez máis, o compromiso do municipio co deporte de base e coa dinamización do territorio a través de iniciativas que mesturan vida activa, paisaxe e comunidade

NOTICIAS XINZO | Máis 500 rapaces nunha fase do Campionato Galego de Fútbol-8

FOTOGALERÍA | O mellor fútbol sala base enche o pavillón de Xinzo
O pasado domingo, 27 de abril, o Pavillón Municipal de Xinzo de Limia acolleu a fase previa sur do Campionato Galego de Clubs de Fútbol Sala nas categorías benxamín e prebenxamín.
A xornada, organizada pola Real Federación Galega de Fútbol coa colaboración do Concello de Xinzo, reuniu equipos das delegacións de Ourense, Vigo e Pontevedra.
Os partidos, disputados ao longo do día, deixaron momentos de emoción, compañeirismo e moito talento, nunha cita que puxo en valor o deporte base e os valores do fútbol sala.

FOTOGALERÍA | O mellor fútbol sala base encheu o pavillón de Xinzo
O pasado domingo, 27 de abril, o Pavillón Municipal de Xinzo de Limia acolleu a fase previa sur do Campionato Galego de Clubs de Fútbol Sala nas categorías benxamín e prebenxamín.
A xornada, organizada pola Real Federación Galega de Fútbol coa colaboración do Concello de Xinzo, reuniu equipos das delegacións de Ourense, Vigo e Pontevedra.
Os partidos, disputados ao longo do día, deixaron momentos de emoción, compañeirismo e moito talento, nunha cita que puxo en valor o deporte base e os valores do fútbol sala.

FOTOGALERÍA | O Cadete A das Escolas Deportivas xa é equipo de Preferente!
O pasado sábado 5 de abril ás 18:30 horas, o Cadete A do E.D.C. Xinzo de Limia xogou un encontro clave no Complexo Deportivo Fernández Carrera ante a Escola de Fútbol Lalín. Acompañados pola súa xente, cun ambiente cargado de emoción e ilusión, os nosos rapaces lograron a vitoria que lles deu o merecido ascenso á categoría Preferente.
Foi o premio ao traballo constante durante toda a tempada, á entrega de cada adestramento e á paixón por este escudo. A unión do equipo, o liderado do corpo técnico —Juan e Carlos— e o apoio incondicional das familias e de toda a familia das escolas fixeron posible este logro histórico.
Grazas a todos os que estivestes alí empuxando dende a bancada.
Hoxe podemos dicilo ben alto: somos de Preferente!

FOTOGALERÍA | Vitoria do Antela no último suspiro
Triunfo pola mínima no desconto fronte ó Cartelle que afianza aos branquinegros no máis alto da táboa.
Un partido cargado de emocións e loita ata o último segundo.

NOTICIAS XINZO | Os deportistas dos clubes locais protagonistas dun álbum de cromos

A Deputación de Ourense lanza «Encontros de Escoliñas» para impulsar a formación deportiva infantil

Nova e intensa xornada deportiva en Xinzo. que confirma a súa paixón polo ciclismo
A capital antelá viviu este sábado unha nova e intensa xornada de ciclismo, sendo saída e meta da terceira e penúltima etapa desta Volta a Galicia 2024.
Unha vez máis, a praza Maior converteuse no núcleo da festa ciclista, coa presentación dos equipos antes da hora da saída, prevista para as 12:00 do mediodía; e posterior entrega de premios aos gañadores e primeiros clasificados nas diferentes categorías. Nela tivo un especial protagonismo a concelleira de Deportes, Cristina Campero, acompañada no podio polo corredor da casa Carlos Casal, "deseñador" desta clásica que tivo como puntos de paso os concellos de Cualedro, Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira ou Vilar de Barrio, entre outros.
Tres xornadas e tres líderes diferentes. Na penúltima etapa da Volta Ciclista a Galicia, o Padronés Cortizo recuperou este sábado en Xinzo de Limia a camisola amarela que perdera 24 horas antes en Sarria. O murciano José Luis Faura desbancou do primeiro posto da xeral ao madrileño Pablo García (Polti Kometa) grazas a súa presenza na escapada de seis corredores que se xogou o triunfo parcial. O venezolano Ricardo Zurita (High Level – Gsport) ergueu os brazos na liña de meta como gañador dunha etapa con perfil de "clásica".
Os 160 quilómetros con inicio e final na localidade ourensá de Xinzo arrancaron con José Luis Faura na terceira posición da xeral, a 18 segundos do líder Pablo García. O Padronés Cortizo tiña a catro ciclistas entre os dez primeiros da xeral e moveu a carreira dende o principio para desgastar ao Polti Kometa. O conxunto de Padrón contou coa esixencia do itinerario pola comarca da Limia como un dos seus grandes aliados. O trazado da etapa presentaba tres portos de 3ª categoría e un dobre paso polo ‘muro’ de Trandeiras, unha explosiva subida non puntuable.
Polo primeiro porto, o das Estivadas no km 16, pasou en cabeza Biel Font (Torres Trigón) e pouco despois formouse unha escapada de seis ciclistas composta por Ángel Maneiro (Supermercados Froiz), Manuel Rodríguez (Porminho), Samuel Fernández (Gomur Cantabria), Fabrizio Crozzolo (Technosylva Maglia) e dous representantes do Padronés Cortizo, Francesc Bennassar e Vojtech Kminek.
Esta fuga chegou a contar con 2 minutos de vantaxe. Encabezada por Francesc Bennasar nas Metas Volantes de Baltar e de Bande, e por Samuel Fernández no alto de Iermes, o pelotón anulouna antes das primeiras ramplas do Couso. Os ataques sucedéronse nesta subida, apuntándose Pau Matarín o esprint polos puntos da Montaña. Sen tregua no descenso, o checo Kminek conseguiu abrir oco a falta de 50 quilómetros para a conclusión, anotándose a Meta Volante dos Blancos e posteriormente agardando por outros seis corredores que abandonaron a disciplina do grupo principal, un deles o seu compañeiro de equipo José Luis Faura.
Os dous ciclistas do Padronés Cortizo fixeron un primeiro paso pola liña de meta xunto a Jose Autrán (Supermercados Froiz), Estanislao Calabuig (Caja Rural – Alea), Charlie Genner (Retelec Ambilamp) Samuel Fernández e Ricardo Zurita. Os últimos 35 quilómetros incluían dúas subidas ao ‘muro’ de Trandeiras, onde Kminek perdeu contacto cos seus acompañantes na primeira ascensión. A diferenza foise achegando ao minuto entre o sexteto e o pelotón, un grupo no que o líder xa só contaba cun compañeiro de equipo.
A unidade mantívose entre os seis de cabeza logo de superar por segunda vez a ascensión de Trandeiras e na recta de chegada fixo valer a súa condición de esprínter o venezolano Zurita por diante do chileno Autrán e do asturiano Samuel Fernández, segundo e terceiro respectivamente. Faura deixouse 3 segundos que non lle impediron situarse líder. A 29” rematou un terceto, a 52” un grupo de sete unidades e a 1 min 23 o pelotón con Pablo García, que se despediu da camisola da líder.
O elite murciano Faura afronta a última etapa con 33” de marxe respecto ao sub-23 Calabuig. A camisola da Montaña pertence a Pau Matarín, a de mellor galego a Martín Rey e a das Metas Volantes a Francesc Bennassar. Os tres primeiros clasificados da etapa recibiron no podio como trofeos unhas Pantallas de porcelana, o símbolo do Entroido de Xinzo. Nesta cerimonia de entrega de premios participou na súa vila o ciclista profesional Carlos Canal, que colaborou no deseño dunha tirada que non defraudou.

Zurita gana y Faura se sitúa como líder de la Volta a Galicia en la etapa de Xinzo de Limia

A Volta a Galicia chega a Xinzo de Limia na súa terceira etapa
-
A Volta a Galicia, con 160 quilómetros de percorrido e varios portos de montaña, reunirá a elite do ciclismo en Xinzo de Limia este sábado
-
Xinzo de Limia consolídase como sede de grandes eventos tras semanas de éxito continuado con feiras e actividades multitudinarias
-
A proba foi presentada a pasada semana en Santiago de Compostela, en presenza da concelleira de deportes Cristina Campero.