Ourense conmemora o Día Mundial sen Tabaco con accións informativas
O área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras únese á campaña da OMS para concienciar sobre os riscos do tabaco e a nicotina, especialmente entre os máis novos.
A campaña deste ano denuncia as estratexias da industria tabaqueira para captar xoves, como sabores, envases atractivos e promoción encuberta en redes sociais.
Segundo o neumólogo Hugo Gómez (CHUO), a idade de comezo en España sitúase nos 14 anos e os dispositivos electrónicos con nicotina causan dependencia. Isaura Parente, xefa do Servizo de Neumoloxía, lembra que o tabaco é a principal causa do cancro de pulmón.
Instalaránse mesas informativas en centros de saúde da provincia como A Cuña, A Ponte, Xinzo de Limia, O Carballiño, Celanova ou A Pobra de Trives.
Fonte: www.lavozdegalicia.es