O Concello de Xinzo de Limia pon autobuses gratuítos para apoiar a Carlos Canal n’O Gran Camiño
O Concello de Xinzo de Limia organizou un servizo de transporte gratuíto para o próximo venres 17 de abril, con o obxectivo de trasladar aos veciños ata Xunqueira de Espadanedo para presenciar o final da etapa reina da volta ciclista O Gran Camiño.
Esta iniciativa busca mobilizar o apoio social cara ao ciclista local Carlos Canal, quen compete como profesional e é un dos favoritos para gañar esta xornada decisiva da competición.
Detalles do servizo e reserva:
- Saída: 12:15 horas desde a Estación de Autobuses de Xinzo de Limia (horario establecido para permitir que os aficionados vezan primeiro a saída da etapa na vila).
- Inscricións: As persoas interesadas deben reservar a súa praza enviando un correo electrónico a [email protected], indicando o seu nome completo.
- Prazo límite: O prazo para formalizar a reserva remata este mércores ás 23:59 horas.
Fonte: www.diariodolimia.gal
