Rematan as obras de mellora no Campo de Fútbol J.A. Fernández Carrera en Xinzo de Limia
O Concello de Xinzo de Limia informa que as obras no Campo de Fútbol J.A. Fernández Carrera están na súa fase final, engadindo unha sala de reunións, dous aseos e unha zona recreativa na parte superior da grada. Tamén se reforma o tellado e as escaleiras de acceso.
A Deputación de Ourense financia ao 100% a actuación, cun investimento de 119.995 €, e o remate está previsto para antes do 7 de outubro.
O presidente da Deputación, Luis Menor, e o alcalde, Amador Díaz, xunto coa concelleira de Deportes, Cristina Campero, visitaron as obras.
Segundo o alcalde, as melloras acompañan o crecemento do deporte federado en Xinzo.
Fonte: www.xinzodelimia.gal
