Xinzo, Baltar e Montalegre avanzan na creación dunha eurocidade
O alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz, reuniuse coa presidenta da Câmara Municipal de Montalegre, Fátima Fernandes, e co alcalde de Baltar, José Antonio Feijoo, en Montalegre o 18 de novembro de 2025.
O obxectivo do encontro foi sentar as bases para a futura eurocidade que aspiran a crear os tres municipios, ratificando a súa vocación transfronteiriza e aliñando prioridades en áreas como a dinamización económica e social, a proxección cultural, o turismo e a mellora de servizos.
Acordaron continuar os contactos para concretar unha folla de ruta e pechar as primeiras accións do proxecto.
A eurocidade busca sumar esforzos e optimizar recursos en beneficio do tecido económico, social e cultural da zona.
Fonte: www.xinzodelimia.gal
