Sesión formativa sobre xestión de residuos en Vilar de Santos
O Concello de Vilar de Santos, en colaboración con Sogama, organiza unha xornada formativa centrada na correcta xestión dos residuos municipais.
A iniciativa contará con dúas sesións:
- Unha primeira sesión dirixida aos máis pequenos, que terá lugar ás 12:00 horas.
- Unha segunda sesión, orientada a persoas adultas, programada para as 16:00 horas.
Ambas as actividades celebraranse na Sala Multiusos do Concello de Vilar de Santos.
O obxectivo desta iniciativa é fomentar o coidado do entorno a través da aprendizaxe conxunta sobre a xestión de residuos.
Fonte: www.vilardesantos.gal
