O Concello de Vilar de Santos promove a reciclaxe para un futuro sostible
O Concello de Vilar de Santos anima á cidadanía a reciclar correctamente para mellorar a xestión de residuos e construír un concello máis limpo e respectuoso co medio ambiente.
Recoméndase separar o lixo nos colectores axeitados, non deixar bolsas fóra dos colectores, limpar os envases antes de depositalos, educar aos nenos na importancia da reciclaxe e levar residuos especiais (pilas, roupa, electrodomésticos, aceite) ao punto limpo ou colectores específicos.
A colaboración de todos os veciños e veciñas é clave para un Vilar de Santos máis sostible.
Fonte: www.vilardesantos.gal