Programa Benestar en Balnearios 2025 da Xunta de Galicia
A Xunta de Galicia abre o prazo para solicitar estadías en balnearios galegos dentro do programa «Benestar en balnearios» (procedemento BS607A).
Beneficiarios:
- Persoas con 60 anos ou máis, ou 55 anos ou máis e pensionistas (xubilación, invalidez, viuvez ou outras).
- Empadroados e residentes en Galicia.
- Capaces de valerse por si mesmos e participar no programa.
- Sen alteracións de comportamento nin enfermidades contaxiosas.
- Sen contraindicacións médicas para tratamentos termais.
- Acadar a puntuación necesaria segundo o baremo.
- Cumprir os requisitos da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia.
Prazo de solicitude:
Do 17 de xuño de 2025 ás 00:00 ao 15 de xullo de 2025 ás 23:59.
Máis información:
Fonte: www.vilardesantos.gal