Publicadas as listaxes de Admitidos/as e Agarda do Concilia Vilar de Santos 2025
Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o Concello de Vilar de Santos fixo públicas as listaxes de admitidos e lista de espera para o programa Concilia Vilar de Santos 2025.
A matrícula debe formalizarse antes do 18 de xuño ás 14:00 h, tanto de forma presencial nas oficinas do Concello como por correo electrónico a [email protected].
É necesario remitir a formalización de matrícula asinada e o xustificante bancario de pago, ademais da documentación que acredite circunstancias prioritarias na adxudicación, se é o caso.
Os formularios de matrícula do Concilia Verán e Aula Concilia Verán están dispoñibles nas oficinas municipais e na páxina web do Concello.
Fonte: www.vilardesantos.gal