Publicouse o listado de persoas admitidas e de agarda no programa Concilia de Semana Santa 2026, tras rematar o prazo de preinscrición.
Formalización da matrícula: O prazo para que as persoas admitidas formalicen a súa matrícula está aberto ata o 26 de marzo. Se algunha persoa admitida non formaliza a matrícula, chamarase ás persoas da lista de agarda.
Requisitos para a formalización da matrícula:
- Enviar o formulario cuberto e asinado ao correo electrónico
[email protected]ou entregalo presencialmente nas oficinas do Concello. - No caso de que corresponda, achegar o xustificante de pagamento na conta de ABANCA
ES13 2080 5303 0131 1001 1605. No concepto do pagamento, deberá indicarse o nome e apelidos do neno/a.
Contacto para dúbidas: As consultas pódense realizar a través do correo electrónico [email protected] ou chamando ao teléfono do Concello 988 46 58 83 en horario de mañá.
Fonte: www.vilardesantos.gal
