Investidura do novo alcalde de Vilar de Santos
Este sábado celebrouse un pleno extraordinario no Concello de Vilar de Santos. Neste acto, Antonio Míguez Nogueiras despediuse do seu cargo de alcalde, sendo sucedido por Rubén Colmenero Ferreiro. A sesión contou cunha notable asistencia veciñal.
Durante o pleno, destacou o agradecemento polo traballo realizado por Antonio Míguez Nogueiras durante a súa etapa como alcalde. O novo rexedor, Rubén Colmenero Ferreiro, manifestou o seu compromiso co progreso e o benestar do municipio de Vilar de Santos.
Fonte: www.vilardesantos.gal