Os Reis Magos de Oriente visitarán as aldeas de Vilar de Santos
Os nenos e nenas do concello de Vilar de Santos teñen a oportunidade de que os Reis Magos pasen pola súa aldea na tarde do 5 de xaneiro. Para facelo posible, deben entregar a súa carta no Buzón Real instalado na Casa do Concello.
Procedemento para solicitar a visita:
- Descargar ou recoller a plantilla da carta nas oficinas municipais ou na páxina web do Concello.
- Completar a carta cos desexos.
- Entregar a carta no Buzón Real antes do 27 de decembro. Esta xestión é fundamental para que os Reis Magos poidan planificar o seu percorrido.
O día 5 de xaneiro, os Reis Magos realizarán un percorrido polas distintas aldeas do concello, achegando a maxia e a ilusión a todos os fogares.
Esta iniciativa busca manter viva a tradición e garantir que os Reis Magos cheguen a cada casa do municipio.
Fonte: www.vilardesantos.gal
