Visita dos Reis Magos a Vilar de Santos
O vindeiro 5 de xaneiro, os Reis Magos realizarán un percorrido polas diferentes localidades do concello de Vilar de Santos.
Itinerario
- 15:00 h: Centro de Día
- Laioso: Escola
- Breixome de Arriba: Caseta
- Breixome de Abaixo: Cruce
- A Venda: Parque
- Toxediño: Tanque
- Outeiro: Centro e casa da escola
- Parada: Escaleiras da igrexa
- O Vieiro: Forno e tanque
- A Ponte
- O Mosqueiro: Forno
- Castelaus: Escola
- Casas da Veiga: Forno
- Barrio: Centro
- Barrio: Rúa Castelao
- Vilar de Santos: Concello
Ao finalizar o percorrido, ofrecerase chocolate con bica a todos os asistentes.
Esta iniciativa busca encher de ilusión a tarde do 5 de xaneiro en Vilar de Santos.
Fonte: www.vilardesantos.gal
