Axudas da Deputación de Ourense para Accesibilidade en Vivendas
A Deputación de Ourense aprobará en 2025 subvencións de ata 2.000 € para persoas maiores de 65 anos residentes en concellos de menos de 20.000 habitantes.
O obxectivo é mellorar a accesibilidade e a calidade de vida a través de:
- Obras de reforma: adaptación de baños, supresión de barreiras, ramplas, varandas, ensanchamento de portas, e instalación de solo antiescorregadizo.
- Aluguer de axudas técnicas: asentos xiratorios, camas articuladas, almofadas antiescaras, asentos para duchas, mesas regulables, butacas articuladas e ventilación mecánica.
Prazo de solicitude: Un mes desde o sétimo día natural posterior á publicación no BOP.
Máis información: Servizos Sociais do Concello de Vilar de Santos (988 46 58 83).
Fonte: www.vilardesantos.gal