O Antela acompaña a Luis Menor na visita ás obras na Moreira

Antela FC

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, visitou o campo de fútbol da Moreira en Xinzo de Limia, onde a Deputación investiu 119.995 euros na súa reforma.

Acompañado polo alcalde Amador Díaz, a concelleira de Deportes Cristina Campero, e representantes do Antela F.C., Menor supervisou a creación dunha sala de reunións, aseos e zona recreativa, ademais da reforma do tellado e acceso ás bancadas.

As obras, que pretenden mellorar a funcionalidade para afección e clubs, teñen previsto o remate antes do 7 de outubro.

O presidente do Antela F. C., Pablo Losada, obsequiou a Luis Menor cun libro sobre a historia do club.

Fonte: antela.fala.gal

VER NOTICIA COMPLETA