Cesta de Nadal para os xuvenís con produtos da Serra do Larouco

Antela FC

Onte foi un día de agasallos e celebracións en irmandade na despedida do ano no Antela Fútbol Club. O primeiro equipo reuniu onte 36 comensais, entre corpo técnico, xogadores e directivos nunha cea no restaurante La Romana, un dos clásicos da restauración en Xinzo e patrocinador desde hai anos do club. Para hoxe está prevista a cea do filial, con 28 asistentes nun renovado local en Xinzo: o Asador Tinto Leman.
Tamén onte, despois do adestramento, os xuvenís recibiron unha cesta de Nadal composta por un lote de alimentos de Serra do Larouco, un dos novos patrocinadores do Antela esta tempada. Pola mañá, un dos responsábeis da empresa, Alejandro Cuquejo, trouxo as cestas á Moreira, onde foi recibido polo vicepresidente do club, Juan Gómez.
Pola tarde, xogadores, técnicos e directivos tiraron unha fotografía do grupo na última sesión preparatoria de 2024.

Na Moreira, despois do adestramento de onte dos xuvenís.

Felices festas a todos (e boa sorte nos tres partidos que esta fin de semana pecharán o ano competitivo).

Fonte: antela.fala.gal

VER NOTICIA COMPLETA