O Imserso abre o prazo para o Programa de Turismo para Maiores 2025-2026
O Concello de Vilar de Santos informa da apertura do prazo (1-23 de xullo de 2025) para solicitar a participación no Programa de Turismo do Imserso para persoas maiores na tempada 2025-2026. O programa ofrece viaxes de lecer e socialización a destinos de costa e interior.
Requisitos para participar:
- Pensionistas de xubilación ou incapacidade permanente.
- Persoas viúvas con 55 anos ou máis.
- Outros pensionistas e prexubilados con 60 anos ou máis.
- Non padecer alteracións graves de comportamento.
- Poder valerse por si mesmos ou ir acompañados.
- Posibilidade de participación do cónxuxe ou parella de feito, e fillo/a con discapacidade superior ao 45%.
Non é necesario presentar solicitude se xa estivo acreditado e non quere modificar datos. Os novos solicitantes ou aqueles que desexen actualizar información deben cubrir unha nova solicitude no prazo indicado.
Para máis información ou axuda, contacte co Concello ou consulte a páxina web do Imserso.
Fonte: www.vilardesantos.gal