Vilar de Santos ofrece reforzo escolar de verán para Primaria

O Concello de Vilar de Santos organiza un programa de apoio escolar para nenos e nenas de Educación Primaria durante os meses de xullo e agosto. As clases terán lugar no Centro de Iniciativas os luns, mércores e xoves de 16:30 a 18:00 h. As actividades inclúen comprensión lectora, cálculo mental, lingua inglesa, historia e xeografía, expresión oral e expresión artística.

As inscricións, con prazas limitadas, realízanse a través do formulario en liña. Priorizarase a orde de inscrición.

Fonte: www.vilardesantos.gal

VER NOTICIA COMPLETA