Creación dunha Aula de Natureza na Aldea Didáctica de Saa
O concello de Vilar de Santos, co financiamento da Unión Europea, o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación e a Xunta de Galicia, creou entre setembro de 2024 e maio de 2025 unha Aula de Natureza e Interpretación da Rede Natura 2000 – ZEPA A Limia na aldea didáctica de Saa.
Esta aula forma parte das axudas aos concellos da Rede Natura 2000, a rede ecolóxica europea de áreas de conservación da biodiversidade.
Fonte: www.vilardesantos.gal