XIII Abraço ao Rio Lima: Un xesto simbólico pola protección do noso río común

21 Noticias

Máis de mil crianzas galegas e portuguesas abrazan o río Lima en Ponte de Lima

Este venres celebrouse en Ponte de Lima unha nova edición do «Abraço ao Rio Lima», un evento de educación ambiental que xuntou a máis de mil nenos e nenas de Galicia e Portugal.

O Concello de Xinzo de Limia e o Município de Ponte de Lima asinaron un protocolo de colaboración para reforzar o compromiso coa valorización do río Limia.

Alumnado do CEIP Rosalía de Castro e do CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia, entre outros, protagonizaron un abrazo colectivo ao río, resaltando a importancia de coidar este patrimonio natural compartido.

O 11 de xuño, Xinzo de Limia acollerá ao alumnado portugués para devolver o xesto e coñecer as fontes do río Limia.

Fonte: 21noticias.com

VER NOTICIA COMPLETA