Prisión provisional sen fianza para o home que disparou á súa exmuller en Verín
O Xulgado de Instrución número 1 de Verín decretou o ingreso en prisión provisional e sen fianza para o home que disparou á súa exmuller o pasado fin de semana en Verín. Está investigado por tentativa de homicidio, quebrantamento de medida cautelar e tenencia ilícita de armas.
Ademais, agravouse a orde de protección ditada en xullo de 2024, prohibíndolle achegarse tamén aos seus tres fillos menores, que están ao coidado de familiares.
Os feitos ocorreron o domingo pola tarde en plena rúa. A vítima foi trasladada ao Hospital Comarcal de Verín e posteriormente a Vigo, onde permanece ingresada con feridas graves.
A muller estaba rexistrada no sistema Viogen, aínda que no nivel máis baixo de risco.
Fonte: www.lavozdegalicia.es