Unha muller resultou ferida leve nun accidente de tráfico tras impactar o seu vehículo, un Seat Ibiza, contra dous cabalos no quilómetro 4 da OU-531, a coñecida como estrada de Celanova, no termo municipal de Xinzo de Limia, sobre as 23:30 horas do martes.
Os cabalos, segundo explican os veciños, levaban soltos dende a mañá do 7 de abril pola contorna de Vilariño das Poldras, a escasos metros do lugar do impacto. A condutora, que sufriu feridas leves, alertou aos servizos de emerxencia, que a atenderon no lugar.
Os dous animais faleceron no acto. Ao día seguinte, permanecían nos laterais da vía, mentres que un terceiro animal seguía solto. Os veciños fan un chamamento á precaución, sinalando que é unha situación recorrente na zona, onde é habitual atopar animais soltos na estrada.
Fonte: www.laregion.es
