Xinzo facilita autobús gratuíto á manifestación polo tren na Gudiña
O Concello de Xinzo de Limia habilita un autobús gratuíto para facilitar a participación na manifestación convocada pola Plataforma Dereito ao Tren o sábado 2 de agosto. O obxectivo é reclamar a recuperación de horarios útiles na estación da Gudiña – Porta de Galicia, suprimidos por RENFE.
A manifestación comezará ás 18:30h na antiga estación da Gudiña e rematará na nova estación de Porta de Galicia.
O autobús sairá ás 16:30h da estación de autobuses de Xinzo. É preciso inscribirse previamente nas oficinas municipais ou chamando ao 988 550 111.
Fonte: www.diariodolimia.gal