Lodoselo convértese nun centro de formación e intercambio para diversas institucións educativas
Lodoselo consolidouse como un espazo clave para a formación práctica e o intercambio de coñecementos, acollerndo a diversos grupos estudantis e professionals para ampliar a súa experiencia en ámbitos sociosanitarios, gastronómicos e educativos.
Entre as actividades destacadas figuran:
- IES Lagoa de Antela: O alumnado de FP Básica de Cociña e Restauración formouse na elaboración de pan tradicional e no servizo de «Xantar no Fogar», identificando a cociña no ámbito sociosanitario como unha alternativa viable á hostalaría. Parte deste grupo realizará prácticas en establecementos da zona, como o restaurante 2 de Maio (Xinzo) e o César (Viladerrei).
- IES Lauro Olmo (Barco de Valdeorras): Alumnas de Atención Sociosanitaria de Persoas en Situación de Dependencia analizaron o funcionamento da Vivenda Comunitaria e do Centro de Día, enfocándose nun modelo de coidados centrados na persoa e na súa integración comunitaria.
- Intercambio Internacional: A man da dirección e biblioteca do CEIP Rosalía de Castro (Xinzo de Limia), unha delegación da Rede de Bibliotecas Escolares de Ponte de Lima (Portugal) visitou as instalacións de Lodoselo, incluindo o espazo sensorial, a vivenda comunitaria tutelada e a casa reitoral.
Para as próximas semanas, prevese a visita de estudantes do grao de Educación Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do ciclo de Educación Infantil do CIFP Portovello.
Estas accións son posibles grazas a unha subvención da Consellería de Política Social e Igualdade, cofinanciada pola Unión Europea a través do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, destinada á promoción de servizos sociais comunitarios e inclusión social.
Fonte: www.dendealimia.com
