O Concello de Xinzo de Limia, en colaboración con ProLimia, organiza a VI Feira do Comercio os días 29, 30 e 31 de agosto no Pavillón de Deportes.
23 establecementos locais exhibirán produtos de moda, deporte, decoración e máis.
Haberá obradoiros, actividades infantís, sesións vermú e sorteos, incluíndo unha viaxe para dúas persoas. O alcalde, Amador Díaz, subliñou o apoio ao comercio local. A inauguración será o venres 29 ás 12:00.
Fonte: www.xinzodelimia.gal
