O III Patapas estrea formato compacto na ponte de decembro e reparte 3.000 € en vales para o comercio local

Concello de Xinzo de Limia

Xinzo de Limia celebra o III Patapas do 4 ao 8 de decembro

O Concello de Xinzo de Limia, en colaboración coa IXP Pataca de Galicia, organiza unha nova edición do Patapas, un evento gastronómico que exalta a pataca local. Este ano, o evento concentrarase nos cinco días da ponte de decembro, nun formato intensivo para dinamizar a hostalaría e facilitar a participación dos visitantes.

O Concello destinará 3.000 euros en premios, que se repartirán en vales de compra para o comercio local, fomentando a economía circular.

Os establecementos participantes son: A de Torino, 5 Rutas, La Central Heladera, Meigallo, Monforte, Parque, Río Salas e Rosalía.

Fonte: www.xinzodelimia.gal

VER NOTICIA COMPLETA