O Concello pagará tódalas facturas atrasadas dende o ano 2020

Concello de Xinzo de Limia

Xinzo de Limia, a 05 de Marzo de 2024.  Durante a sesión plenaria de carácter extraordinario e urxente celebrada hoxe no Concello de Xinzo de Limia, aprobouse o pago de facturas atrasadas por un importe total de 367.000€.
O punto saíu adiante sen os votos a favor da oposición. Gracias a esta medida proposta polo goberno de Xinzo, aqueles proveedores e pequenas empresas que teñen facturas pendentes de cobro do Concello, algunhas dende o ano 2020, recibirán por fin o seu pagamento. 
Segundo o alcalde Amador Díaz, preténdese “que non se garden facturas no caixón e que as empresas poidan cobrar pronto ó tratar co Concello de Xinzo”. Durante o pleno, a interventora tivo a oportunidade de explicar os pormenores do recoñemento extraxudicial de crédito, que é a figura empregada para poñer fin a estes impagos.

Fonte: www.xinzodelimia.gal

VER NOTICIA COMPLETA