Ábrese o prazo de matriculación no PAI de Vilar de Santos – dende o 1 ata o 15 de xullo –

Concello de Vilar de Santos

Aberto o prazo de matrícula no PAI de Vilar de Santos para o curso 2024/2025

Do 1 ao 15 de xullo, ábrese o prazo de matriculación no Punto de Atención á Infancia (PAI) do Concello de Vilar de Santos para o curso escolar 2024/2025.

A matrícula pode realizarse de forma presencial no PAI ou a través da sede electrónica do Concello.

É necesario cubrir a matrícula, achegar a documentación requirida e que ambos proxenitores/titores legais asinen a documentación.

Para máis información, pódese contactar cos Servizos Sociais do Concello de Vilar de Santos (988465883).

Fonte: www.vilardesantos.gal

VER NOTICIA COMPLETA