Vilar de Barrio aproba as contas para a anualidade 2026

Concello de Vilar de Barrio

Vilar de Barrio aproba un orzamento de 1,6 millóns de euros para 2026 con foco en investimentos

Vilar de Barrio, 16 de febreiro de 2026. O Concello de Vilar de Barrio aprobou o pasado 10 de febreiro o orzamento municipal para o ano 2026, que ascende a 1,6 millóns de euros. A proposta contou cos votos a favor do BNG e o PSdeG, mentres que o Partido Popular se abstivo.

As contas presentan un peso significativo do gasto estrutural, destinando 700.000 euros a gastos de persoal e 465.000 euros a gastos correntes en bens e servizos. Malia a esta ríxidez orzamentaria, resérvanse preto de 415.000 euros para investimentos reais, o que supón aproximadamente o 25% do total. Este esforzo investidor busca garantir os servizos básicos e, ao mesmo tempo, impulsar novas vías de desenvolvemento.

O alcalde, Manuel Conde, subliñou a importancia da aprobación en tempo e forma do documento económico, cualificándoo de ferramenta estratéxica para a xestión pública local. Destacou que a planificación anticipada permite optimizar a execución do gasto e mellorar a captación de recursos externos.

Os obxectivos prioritarios para 2026 inclúen a garantía de servizos públicos básicos de calidade, como a axuda no fogar, subministracións esenciais, obras de mantemento e actividades socioculturais. Ademais, o executivo local porase o foco en dous eixos estratéxicos de impulso socioeconómico: o fortalecemento do sector primario e a dinamización do sector terciario. O rexedor incidiu na necesidade de valorizar os recursos propios do concello, como o forestal e o agropecuario, e na urxencia de captar novos habitantes para facer o territorio máis atractivo.

Fonte: vilardebarrio.gal

VER NOTICIA COMPLETA