Remata o programa SOMOS REFERENTES V en Porto con doces tradicionais e chocolatada
O programa de voluntariado interxeracional «SOMOS REFERENTES V: VOLUNTARIADO INTERXERACIONAL. RECUPERACION DE OFICIOS TRADICIONAIS» finalizou a súa actividade en Porto cunha fornada de doces tradicionais e unha degustación con chocolate.
A xornada incluíu a preparación dos doces nun forno local e unha tarde de música e baile tradicional.
Este programa está financiado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Xuventude, con fondos NextGenerationEU.
Fonte: vilardebarrio.gal
