O Concello de Vilar de Barrio recibiu unha subvención de 60.000,00 € para o desenvolvemento dun proxecto destinado ao incremento da biodiversidade urbana a través da implantación de cubertas verdes. Esta axuda, executada polo propio concello, enmárcase dentro do programa «Galicia refuxio climático», promovido pola Orde do 29 de xaneiro de 2025. Dita orde establece as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia, dirixidas á aplicación de solucións baseadas na natureza para a prevención de riscos derivados do cambio climático en contornos urbanos e periurbanos.
Fonte: vilardebarrio.gal
