Documentos correspondientes a Causa General del A.H.N.Subdirección General de los Archivos EstatalesMinisterio de Cultura.España
O día 1º de abril de 1939, Franco escribiu do seu puño e letra o último parte da contenda civil:. Non era certo. A guerra non rematara, Franco tiña razón en canto ás grandes operacións militares, aínda así tiveron lugar accións do exército contra as guerrillas republicanas ata finais dos anos corenta, e posteriormente á guerrilla en diversos lugares de España e na provincia de Ourense ata polo menos o ano 1952. O que se viu en abril de 1939 non foi o comezo da paz e a reconciliación, senón o anuncio da institucionalización da vinganza a gran escala contra a esquerda e os republicanos derrotados, fíxose unha depuración detallada e concienciuda de toda persoa cómplice a través da Causa Xeral, a xuízo dos vencedores, de ter colaborado, ter sido republicano ou ser “desafecto” a “Nova España”. (Do meu libro Historia de Xinzo de Limia).
A Causa Xeral iniciouse trala vitoria das forzas sublevadas na Guerra Civil e o establecemento do réxime franquista. Por decreto do 26 de abril de 1940, concédense amplas facultades ao Fiscal do Tribunal Supremo para que proceda a instruír a Causa Xeral, co obxecto de pescudar os feitos delituosos cometidos en todo o territorio nacional durante a «dominación vermella». Ante a complexidade que vai adquirindo a investigación, establécese que, por Decreto do 19 de xuño de 1943, desígnese a un Fiscal Xefe da Causa Xeral que, baixo a exclusiva e directa dependencia do Ministro de Xustiza, asuma as facultades que ata ese momento tiña asignadas o Fiscal do Tribunal Supremo; aínda que, por Decreto do 25 de abril de 1958, disponse que quede de novo baixo a dependencia do Fiscal do Tribunal Supremo e restitúanselle as súas facultades. O Ministerio Fiscal, baixo a dirección do Fiscal do Tribunal Supremo, asumiu a tarefa de recoller toda a documentación que servise para tal fin, formando a denominada «Causa Xeral», ata que o Decreto-Lei do 31 de marzo de 1969 recoñeceu a prescrición das posibles responsabilidades penais por feitos acaecidos antes do 1 de abril de 1939.
Esta investigación, levada a cabo en cada provincia polos fiscais delegados para ese efecto, recolle os feitos delituosos acontecidos nos tres anos de guerra civil, baixo o Goberno republicano, e lexitimar a represión franquista. Comprendía o período desde as eleccións de febreiro do 1936 ata abril de 1939.
Cos resultados obtidos, o Fiscal Instrutor elevaba un informe resumen á Inspección da Causa Xeral que se efectuou na maioría das provincias, pero, non en todas. Esta documentación, reunida na Fiscalía do Tribunal Supremo, permaneceu, coas maiores garantías de seguridade e conservación no Arquivo acoirazado que se habilitou para tal fin, ata que a Fiscalía Xeral do Estado transferiuna ao Arquivo Histórico Nacional o 30 de xullo de 1980.
A Causa Xeral foi un instrumento político moi eficaz para o franquismo, xa que: Contribuíu á persecución política, fortaleceu a narrativa do réxime. Xerou un clima de medo e de control da poboación. Co tempo, a Causa Xeral foi obxecto de numerosas críticas desde o ámbito da historiografía e a memoria histórica pola falta de imparcialidade e o deterioro da convivencia.
A Causa Xeral é unha fonte valiosa para comprender a natureza do réxime franquista, a represión da posguerra e a forma en que o franquismo construíu a súa relación sobre a Guerra Civil. Con todo é fundamental analizala cunha perspectiva crítica, recoñecendo o seu carácter parcial e o seu papel como ferramenta de represión. Este proceso deixou un profundo impacto na sociedade española, contribuíndo a un clima de represión e medo que perdurou durante as décadas posteriores, ata a morte de Franco en 1975 e a chegada da democracia.
Os concellos da Limia contestaron aos requirimentos, pero soamente o concello de Sandías mandou oficio firmado polo alcalde Agapito Feijóo e militante da FET, axuntando dúas certificacións da declaracións de dous veciños feitas con data do 27 de xuño do ano 1941:
Benjamín Fernández Loren, veciño de Sandiás, declara que seu fillo José Fernández Seguín de 17 anos, marchou por traballos da sega a Alcalá de Henares (Madrid).
Asunción Seguín Morales, veciña das Pegas, declara que seu marido Benito Dios Dios de 32 anos, marchou cunha cuadrilla á sega a Alcalá de Henares (Madrid).
En ámbolos dous casos marcharon antes do alzamento nacional sen que ata a data da declaración as familias tiveran noticias deles. (Datos e documentos do Arquivo Histórico Nacional. Madrid).
Documentos correspondientes a Causa General del A.H.N.Subdirección General de los Archivos EstatalesMinisterio de Cultura.España
Foron moitos os homes e mulleres que no verán do ano 1936 se trasladaran en cuadrillas á sega en Castela, con motivo do golpe de estado do exército franquista, quedo dividida España e a maioría deles non puideron volver as súas casas, os homes foron movilizados polos republicanos, un caso moi coñecido foi o de Juan Sorga, e combateron ao exército rebelde. Moitos nunca mais se soubo deles. Acabada a guerra, ao regresar a súa terra, sufriron represalias pola súa participación do lado perdedor.