A Pantalla elixirá nova directiva ó 16 de maio

Dende A Limia

A Pantalla de Xinzo prepara a elección da súa nova directiva

A asociación A Pantalla de Xinzo celebrou unha sesión extraordinaria co obxectivo de resolver dúbidas e suxestións dos seus membros, e de convocar oficialmente a próxima xuntanza extraordinaria onde se elixerá a nova directiva da entidade.

Como resultado dunha campaña de captación iniciada hai semanas, a asociación superou xa os 200 socios. Durante a sesión, todos os puntos da orde do día foron aprobados por unanimidade, contabilizando asímesmo os votos delegados.

Finalmente, designouse a mesa electoral, que será a responsable de xestionar e supervisar todo o proceso de elección dos novos membros da directiva.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA