O Antela FC convida ás asociacións deportivas da Limia ao seu próximo encontro
O Antela FC impulsou unha iniciativa para fomentar a convivencia e reforzar os vínculos entre as diversas disciplinas deportivas da comarca da Limia. O club convidou a 14 asociacións deportivas locais a asistir ao partido que disputará contra o CD Moaña.
O encontro terá lugar este domingo 26 de abril ás 17:15 horas no Estadio A Moreira, en Xinzo de Limia, correspondendo á xornada 31 da Preferente Galicia Grupo 2º Sur, un tramo decisivo da competición.
Como parte desta acción, os deportistas e familiares das entidades convidadas poderán acceder de balde ao estadio, previa remisión dunha listaxe de asistentes a través do teléfono 658 468 159.
As asociacións convidadas representan diversas modalidades como o fútbol, baloncesto, ciclismo, xadrez e fútbol sala, incluíndo equipos veteranos e femininos de diversas localidades da zona. Con este xesto, o Antela FC busca reunir ao tecido deportivo comarcal para apoiar ao equipo nun momento clave da liga.
Fonte: www.diariodolimia.gal
