Polémica en Xinzo de Limia pola creación dun festival de máscaras
A aparición dunha nova asociación do Entroido «tradicional» en Xinzo de Limia xerou controversia na vila debido á súa intención de organizar un festival de máscaras na capital antelana.
A iniciativa provocou malestar entre parte da poboación, xa que se percibe como unha posible copia do evento Vibomask. Ademais, crease a preocupación de que o valor «tradicional» destas figuras se perda ao ser exhibidas fóra do contexto e as datas establecidas do Entroido.
Fonte: www.laregion.es
