Apoio e Formación Integral a Familias Coidadoras no Rural

Dende A Limia

Apoio e Formación Integral a Familias Coidadoras no Rural

Ponse en marcha o programa «Apoio e Formación Integral a Familias Coidadoras no Rural», unha iniciativa financiada pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia a través da asignación fiscal do 0,7% do IRPF.

O proxecto ten como obxectivo principal capacitar ás persoas que asumen o coidado de dependentes —responsabilidade que recae maioritariamente en mulleres—, proporcionándolles ferramentas prácticas e recursos de autocoidado para evitar o desgaste físico e emocional.

A través de sesións formativas e espazos de reflexión, a iniciativa busca:

  • Promover un equilibrio entre a atención á persoa dependente e o benestar propio do coidador.
  • Crear redes de apoio no medio rural para compartir experiencias e fomentar o acompañamento mutuo.
  • Garantir que o coidado sexa sostible no tempo e menos gravoso para quen o realiza.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA