A Deputación de Ourense inaugurou no Museo Galego do Entroido, en Xinzo da Limia, a exposición «Cornamusas primitivas: historia da civilización». Esta mostra, resultado da iniciativa para difundir os fondos do Museo Internacional de Cornamusas da Escola Provincial de Gaitas, conta coa presenza do deputado Rosendo Fernández e do director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo.
A exposición presenta exemplares de cornmusas de diversas culturas e territorios como o País Vasco, El Gastor (Cádiz), as Landas de Gascoña, Romanía, a República de Mari-El, Xeorxia, Sardeña (Italia), India, Dalmacia, Túnez, Persia, Croacia, Suecia, as Illas gregas, Anatolia, Ucraína e Malta. Cada instrumento dispón dun código QR que permite acceder a interpretacións orixinais, así como á historia e características técnicas das pezas.
Ademais, a mostra inclúe unha selección fotográfica sobre a iconografía da gaita na Península Ibérica dende o século XIII, ilustrando a súa evolución histórica.
O Museo Internacional de Cornamusas da Deputación de Ourense, situado no Campus Universitario de Ourense, posúe unha das coleccións máis importantes do mundo, con instrumentos, elementos pictóricos, pregos de cordel e arquivo audiovisual, incluíndo reconstrucións de gaitas extintas.
A exposición, de carácter didáctico e orientada a centros educativos e turismo cultural, poderá visitarse ata o 30 de xuño de 2026, con posibilidade de prórroga. O museo experimentou un incremento de visitantes dende a chegada da alta velocidade ferroviaria a Ourense, consolidándose como referente cultural e turístico provincial.
Fonte: www.diariodolimia.gal
