O Museo da Limia conmemora o 80 aniversario das Gasosas Berardo Méndez

O Museo da Limia en Sandiás acolleu un acto para celebrar o 80 aniversario da fundación das Gasosas Berardo Méndez, fábrica histórica de bebidas da comarca. Máis de medio cento de persoas asistiron a unha conversa na taberna do museo, titulada «Gasosas da Limia: tributo á bebida de todos/as», onde participaron, entre outros, Xavier Feijóo (neto do fundador), o historiador Miro M. Cerredelo, o coleccionista Jorge Pulido e representantes doutras fábricas de gasosas.

Os asistentes puideron ver unha exposición de botellas antigas da colección de Celso Gómez, que permanecerá durante todo o mes na taberna do museo. O evento, cargado de recordos e anécdotas, destacou a importancia destas bebidas na vida cotiá e nas celebracións da Limia.

O acto rematou cun viño con gasosa e empanada, grazas á colaboración da Taberna da Trocha e o Concello de Vilar de Santos.

Fonte: 21noticias.com

VER NOTICIA COMPLETA