Etiqueta: A Limia

Diario do Limia

FOTOGALERÍA | En Balaídos gañou a solidariedade, non o fútbol

O estadio de Balaídos acolleu este mércores, 8 de outubro, o partido solidario Xuntos contra o lume”, que enfrontou o RC Celta coa selección ourensá.

A cita deportiva serviu para render homenaxe aos concellos de Ourense afectados pola vaga de incendios do pasado mes de agosto e a todas as persoas que participaron na loita contra o lume.

Alcaldesas, alcaldes e equipos de emerxencias recibiron a camisola verde da man da presidenta do RC Celta, Marián Mouriño, nunha xornada na que a solidariedade foi a auténtica protagonista máis alá do resultado deportivo.