Xinzo de Limia renova o firme de nove rúas no Barrio de Abaixo
O Concello de Xinzo de Limia iniciou a renovación integral do firme en nove rúas do Barrio de Abaixo. O proxecto conta cunha inversión de 280.000 €, financiada polo Plan CooperOU da Deputación de Ourense.
As obras, cun prazo de execución de tres meses (ata o 14 de novembro), foron supervisadas polo alcalde Amador Díaz e o concelleiro de Obras, Ramón Gómez.
Os traballos desenvolveranse por tramos para minimizar as molestias e manter os accesos, dentro da estratexia municipal «Xinzo Paso a Paso».
Fonte: www.lavozdegalicia.es