Un incendio declarado na tarde do luns en Casas de Veiga, preto de Ganade, no municipio de Xinzo de Limia, provocou a morte de varios animais nunha granxa. O lume orixinouse, segundo as primeiras hipóteses, nunha caldera e propagouse rapidamente.
O servizo de emerxencias 112 Galicia recibiu o aviso sobre as dúas e media da tarde e mobilizou aos bombeiros de Xinzo de Limia e voluntarios da agrupación de Protección Civil para a extinción do incendio.
O lume afectou a unha cuadra, onde pereceron numerosos porcos.
Fonte: www.lavozdegalicia.es
