O ciclista Carlos Canal, Premio Pedra Alta 2025
A Asociación Padroado Museo da Limia outorgou o Premio Pedra Alta 2025 ao ciclista limiao Carlos Canal (Xinzo de Limia, 2021).
O premio recoñece a persoas ou entidades que proxectan unha pegada significativa nas Terras do Limia. A elección de Canal, corredor do Movistar Team, débese ao seu esforzo como deportista de elite no ciclismo.
Ademais, o Museo da Limia quere homenaxear aos limiáns que usan a bicicleta como medio de transporte e aos talleres de bicicletas da comarca.
Canal iniciou a súa formación na escola José Antonio Hermida de Maceda e pasou por equipos como Burgos BH e Euskaltel Euskadi antes de unirse ao Movistar Team.
A entrega do galardón, unha réplica en granito da Pedra Alta, terá lugar nun acto público no Museo da Limia.
Fonte: www.lavozdegalicia.es
