Arranca o Entroido de Xinzo de Limia!
Comeza hoxe o esperado Entroido de Xinzo de Limia. O tradicional «Petardazo» de benvida terá lugar ás 00:00 horas na Praza Carlos Casares, cunha conta atrás que animará a noite. A vila xa respira Entroido, chea de música e ambiente festivo desde horas antes.
Aínda que o frío acompaña, ás 20:00 horas comezou a previa na Praza de San Roque coa actuación de Jackloops, LETHX SOUND, Muíños e John Chster. Ás 23:00 horas, a xente comezará a concentrarse na Praza Carlos Casares para gozar do espectáculo de A Gramola, que amenizará a velada ata a medianoche.
Despois do Petardazo de benvida, ás 00:00 horas, darase inicio ao pasarrúas con XITUMA BATUKE, seguido dunha nova actuación de A Gramola. Na Praza de San Roque, a música continuará ás 00:30 horas con Jay Rodric, La Vera Notte e Dani Rodríguez.
A partir da 01:00 horas, os pasarrúas continuarán coa actuación de Achicoria ata as 02:00 horas, momento no que XITUMA BATUKE realizará o seu segundo e último pase da noite.
Mañá, Domingo Fareleiro, a festa continúa oficialmente ás 16:30 horas coa saída do carro da fariña dende o Museo Galego do Entroido. Ás 17:00 horas comezará o reparto da fariña e a tradicional farelada.
Fonte: www.laregion.es