Accidente mortal de quad en Sarreaus
Un home faleceu e unha muller resultou ferida nun accidente de quad ocorrido na noite do venres na estrada de Freande, preto da piscina municipal de Sarreaus, A Limia (Ourense). O vehículo envorcou, causando a morte do condutor no lugar do sinistro. A acompañante foi trasladada ao Hospital de Ourense. No lugar do accidente interviñeron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, o GES de Laza e Protección Civil de Sarreaus. As causas do accidente están sendo investigadas.
Fonte: www.laregion.es