4ª Edición da Feira das Mozas en Xinzo de Limia
O 10 de maio, Xinzo de Limia acolle a 4ª edición da «Feira das Mozas», organizada pola Asociación Cultural «A Pantalla» en colaboración co Concello. O evento busca recuperar a historia das feiras limiás e poñer en valor os saberes tradicionais.
A programación inclúe xogos tradicionais, música e baile. Actuarán artistas como “Lirolaio”, “Tarde Piache”, “Os Ghalos d’Antioquía”, a Asociación Cultural Santaia de Oleiros e “Os Monifates” con títeres. A xornada musical rematará cunha verbena a cargo de “Música de Cecebre”.
Ademais, haberá un mercado de artesanía na Rúa dos Viños e a exposición «As Feiras de Xinzo na historia». A organización anima aos asistentes a vestirse como nos anos 50.
Fonte: www.laregion.es