Sarreaus inaugura “Mandala Madre”, unha escultura colectiva de ganchillo que homenaxea ás mulleres rurais
Sarreaus converteu a colaboración veciñal, a creatividade e o traballo compartido nunha obra de arte colectiva coa inauguración de "Mandala Madre", unha escultura téxtil elaborada a ganchillo que simboliza a unión, o apoio mutuo e a forza transformadora das mulleres rurais. A iniciativa, promovida pola Asociación Escola Rural de Saúde da Limia, naceu no corazón de Sarreaus, no forno comunitario, onde un grupo de mulleres uniu o seu talento, paciencia e esforzo para dar forma a unha peza de…











